Todo o sector agropecuario reunido nun espazo único,
 unha gran oportunidade de negocio 

A feira Abanca Cimag-GandAgro chega á súa terceira edición consolidando a súa gran vantaxe como punto de encontro entre empresas e profesionais do campo: reunir nunha soa cita maquinaria agrícola, gandería e agricultura.

Será un espazo único que concentrará toda a oferta necesaria para responder ás demandas de calquera tipo de agricultor e gandeiro.

E que seguirá mellorando a súa proposta para converterse durante tres días en epicentro do sector e nunha efectiva ferramenta comercial para as firmas presentes.

 A mellor garantía: 
respaldo dos expositores e resposta do público 

As dúas primeiras convocatorias desta feira contaron coa total confianza do sector, a cal se viu reflectida nos seus bos resultados.

A súa última cita contou con 392 firmas de 24 países, representadas por 166 expositores de 8 países. Unha importante participación que estivo acompañada dunha excelente afluencia de público, máis de 21.000 asistentes.

Unhas cifras nas que destacou unha maior internacionalización do certame e ás que se sumou a satisfacción xeneralizada de expositores e visitantes.

         

vista aerea maps