Un programa que potenciará o interese do certamen

A área expositiva de Abanca Cimag-GandAgro 2019 contará co mellor aliado posible, unha completa programación de actividades caracterizada pola súa diversidade e atractivo.

Será deseñada cun dobre obxectivo: contribuír ao aumento de visitantes de distintos subsectores e conformar un gran foro para a transferencia de coñecementos tanto entre expositores como destes co público.

Así, incluirá numerosas xornadas técnicas, demostracións, presentacións e concursos, como os morfolóxicos de gando, o de Innovación e o de Máquinas Destacadas.