O Brexit como oportunidade de negocio ou as claves para evitar a peste porcina africana, entre os temas desta mañá na feira Abanca Cimag-GandAgro

  • FORON ABORDADOS NUN RELATORIO IMPARTIDO POLO DOCTOR EN VETERINARIA ANTONIO PALOMO, QUEN FALOU DOS RETOS INMINENTES PARA O SECTOR NO XXIII MONOGRÁFICO DE GANDO PORCINO

>>> Fotos desta e outras xornadas técnicas celebradas hoxe na feira

Silleda, 22 de febreiro de 2019.- A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, a cal se celebrará ata mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu hoxe o XXIII Monográfico de Gando Porcino, organizado pola ADS de Gando Porcino de Silleda.

No seu marco Antonio Palomo Yagüe, doctor veterinario e director técnico de porcino de SETNA Nutrición – ADM, falou dos retos inminentes do sector, os cales quixo vencella coa bioseguridade dende cinco aspectos diferentes: peste porcina africana, o Brexit, o raboteo, a redución do uso de antibióticos na produción porcina e o Real Decreto de Ordenación de Granxas.

En canto ao Brexit, Palomo destacouno como unha oportunidade de negocio. Inglaterra importa xa o 60% da carne de porcino que consume, o que suma un millón de toneladas, e o Brexit pode supoñer que os seus custes de produción suban e como consecuencia incluso reduzan produción. Así, España, que é o país da Unión Europea que produce máis barato e ao mesmo tempo con calidade e garantías sanitarias, podería exportar carne a un prezo mellor que o que tería a carne que producen eles mesmos.

De todos modos, indicou que haberá que esperar a ver como se fan as negociacións, as limitacións que se establecen e que di a Organización Mundial do Comercio.

Por outra banda, subliñou os aspectos clave para evitar que a peste porcina africana entre en España, un virus moi contaxioso que provoca lesións claras e que ten como hóspedes os porcos domésticos, algúns tipos de xarabaríns e as garrapatas.

Respecto ao Real Decreto de Ordenación das Granxas, quixo destacar aspectos e obrigas importantes que inclúe o texto, entre elas bioseguridade ou formación dos empregados das explotacións. Tamén fixo fincapé en que esta norma establece ao veterinario como responsable da xestión integral da granxa.

Outros temas

Previamente a esta intervención o monográfico centrouse nas porcas nulíparas, aquelas que aínda non pariron nunca, a través de dous relatorios. Así, José Antonio Crespo Villarejo, responsable de nutrición porcina de Qualivet, falou dos aspectos máis importantes na súa alimentación, e Juan Hernández García, veterinario especialista en porcino en Thinkinpig, informou de “como adaptarse a adaptar” a estas porcas.