Casa-Nova Electra Lamborgini e Cudaña Amok Solomont, xovencas Gran Campioas nos concursos Autonómico e Internacional de Frisón 

  • A VENCEDORA GALEGA PERTENCE Á SOCIEDADE PÉREZ & CARRO & MIGUEL RIAL, DE LALIN, MENTRES QUE A INTERNACIONAL É PROPIEDADE DA GANDERÍA CUDAÑA, DE CANTABRIA
  • NESTAS COMPETICIÓNS, QUE ESTÁN A TER LUGAR AO LONGO DO DÍA DE HOXE NA FEIRA ABANCA CIMAG-GANDARO, DECÍDENSE ESTA TARDE AS VACAS GRAN CAMPIOAS E OS MELLORES CRIADORES

>>> Máis fotografías dos concursos de frisón

Silleda, 23 de febreiro de 2019.- Cudaña Amok Solomont Et, da gandería Cudaña, de Valdáliga (Cantabria), foi a Xovenca Gran Campioa no XXXV Open Internacional “GandAgro” da Raza Frisona que está a ter lugar na III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, a cal pecha hoxe as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

A Reserva Gran Campioa neste concurso internacional, que está patrocinado pola firma de seguros Ucoga, foi Casa-Nova Electra Lamborgini, pertencente á sociedade Pérez & Carro &Miguel Rial, de Lalín (Pontevedra).

En canto ao XXVIII Concurso Autonómico da Raza Frisona “Fefriga´19”, a Xovenca Gran Campioa de Galicia, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao, foi tamén Casa-Nova Electra Lamborgini, mentres que a Reserva Gran Campioa foi Rey 782 Dalia Beemer, da S.A.T Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).

Como novidade nesta edición ambos concursos entregaron os galardón de Mellor Criadores de Xovencas. Así, no Autonómico o gañador foi Gandería Carro, de Mesía, mentres que co posto de subcampión alzouse S.A.T Rey de Miñotelo. No Internacional o campión foi El Campgran, de Manlleu (Barcelona) e o segundo posto acadouno Gandería Carro.

Os concursos contaron coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, quen entregou algúns destes premios. Previamente visitou o certame, tal e como xa o fixera na xornada inaugural, e intercambiou impresións con distintos expositores.

Vacas campioas e mellores ganderías

Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, continuarán no marco da feira esta tarde, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos concursos.