Comunicados de prensa de ABANCA Cimag-GandAgro 2021  

A feira Abanca Cimag-GandAgro volverá ser punto de encontro do sector agropecuario do 25 ao 27 de febreiro de 2021

  • A DATA DESTA CUARTA EDICIÓN FOI FIXADA HOXE POLO COMITÉ ORGANIZADOR DO CERTAME, O CAL SE REUNIU NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
  •  NO ENCONTRO ABORDÁRONSE TAMÉN OUTROS ASPECTOS, COMO A PROMOCIÓN DO EVENTO

 

Silleda, 11 de febreiro de 2020.- A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, celebrarase do 25 ao 27 de febreiro de 2021. Así o decidiu o seu Comité Organizador nunha reunión mantida esta mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, onde terá lugar o certame.

No encontro tamén se abordou a promoción do evento, tanto dirixida a potenciais expositores como a visitantes profesionais, analizáronse os resultados da edición de 2019 e valoráronse posibles melloras para esta nova convocatoria.

O sector estivo representado por quince entidades, empresas e cooperativas cun gran peso no ámbito agrogandeiro, como son a Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (ANSEMAT), o Centro Tecnolóxico Agroalimentario (CETAL), Federación Frisoa Galega (FEFRIGA),  Cogal, Grupo Coren,  Delagro,  Nudesa,  Farming Agrícola,  Ausama,  Tecnor Lalín Maquinaria, Maquinaria Agrícola del Noroeste,  Claas Ibérica,  Cardelle Hidráulica-Forcar, Hermanos Villar e  Agrotec Entrecanales.

 Satisfacción pola edición de 2019

De forma xeneralizada os asistentes mostraron a súa satisfacción pola evolución de Abanca Cimag-GandAgro e a súa edición de 2019, cualificándoa en moitos casos de “éxito”, á vez que mostraron o seu apoio a esta nova convocatoria.

A pasada edición de Abanca Cimag-GandAgro reuniu do 21 ao 23 de febreiro de 2019 a 544 firmas expositoras (un 39% máis) de 32 países, das cales 188 foron expositores directos (un 13% máis) de seis países. A feira ocupou unha superficie bruta de 25.500 metros cadrados e neta de 12.734 metros cadrados (un 25% máis).

O seu programa estivo composto por 40 propostas que contaron con gran participación dos visitantes, os cales superaron os 18.700. Unha cifra que aínda que foi lixeiramente menor supuxo unha corrección positiva do perfil dos asistentes ao acudir un tipo de público cada vez máis profesional. Neste sentido, a maioría de asistentes á reunión de hoxe coincidiu en que se notou o incremento da calidade do visitante e que isto é máis importante que o número de asistentes.

location-icon

DIRECCIÓN
FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
Avda. Recinto Ferial S/N
36540 Silleda – Pontevedra

email-icon

CONTACTO

cimag-gandagro@feiragalicia.com

+34 986 577000