1.jpg2.jpg3.jpg61.jpg7.jpg6.jpg4.jpg76.jpg5.jpg

A feira Abanca Cimag-GandAgro revalida a súa gran afluencia con 21.000 asistentes que coñeceron o último en maquinaria, agricultura e gandería

• A MAIORÍA DE VISITANTES FORON PROFESIONAIS DO SECTOR PRIMARIO DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, ALGUNHAS ZONAS DE CASTELA E LEÓN E NORTE DE PORTUGAL
• CONTOU CON 392 FIRMAS EXPOSITORAS  DE 24 PAÍSES, DAS CALES 166 FORON EXPOSITORES DIRECTOS, E MÁIS DE 40 ACTIVIDADES

 

Noticia completa

As xornadas da feira Abanca Cimag-GandAgro abordaron hoxe diversos temas sobre porcino, xestión sostible de xurros e ensilado

• ESTE CERTAME AGROPECUARIO TAMÉN  ACOLLE HOXE DIVERSAS DEMOSTRACIÓNS

 

 

 

 

 

 

Noticia completa

Casa-Nova Sony Mccutchen, Xovenca Gran Campioa nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisona na feira Abanca Cimag-GandAgro

• MAÑÁ DECÍDENSE AS VACAS GRAN CAMPIOAS E AS MELLORES EXPLOTACIÓNS DESTES CERTAMES
• MARÍA MANTEIGA, DA GANDERÍA MANTEIGA, DE VILA DE CRUCES, FOI A GAÑADORA DO X CONCURSO DE PREPARADORES DE GANDO FRISÓN

 

 

 

Noticia completa

A feira agropecuaria Abanca Cimag-GandAgro contou esta mañá coa visita de Javier Etcheverría, presidente de ABANCA

A II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2017, contou esta mañá coa visita de Javier Etcheverría, presidente de ABANCA. Esta entidade bancaria forma parte do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia desde 2010, e é patrocinadora do certame dende a firma do convenio publicitario coa entidade feiral en xuño de 2015, polo cal tamén patrocina outros eventos da mesma.
 
Durante a súa estancia na feira Etcheverría percorreu a área expositiva, visitou o stand que ABANCA ten no certame e fixo entrega de varios galardóns nos concursos morfolóxicos de gando frisón, entre eles á Xovenca Gran Campioa Internacional.

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias visitou esta mañá a feria Abanca Cimag-GandAgro 2017

A II Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2017, contou hoxe coa visitas da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, quen estivo acompañada do xefe territorial  de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo.  
 
Durante a súa visita acudiron á exposición de razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción presente na feira, a cal está composta por exemplares de todas elas, as bovinas Cachena, Caldelá,  Frieiresa, Limiá e Vianesa, Ovella e Cabra Galegas, Galiña de Mos, Porco Celta e Cabalo Galego. Así mesmo participou na  degustación de produtos elaborados con varias desta razas que tivo lugar no stand da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga),  e que incluíu salchichón, chourizo e roxóns de Porco Celta, cecina de boi da raza bovina Vianesa, empanada de polo de Galiña de Mos, cordeiro asado de Ovella Galega e carne guisada doutra das razas bovinas, a Cachena. Todas elas posuidoras do selo 100% Raza Autóctona.
 
Ademais, realizaron un percorrido pola feira e a directora xeral entregou varios premios nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisona, que remataron este mediodía no certame.