A exposición de ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2023 contará cun complemento que é xa esencial para que unha feira alcance o atractivo esixido polos visitantes: un programa de primeiro nivel.
Esta importante mellora traducirase nun gran reclamo e fará do certame unha proposta insuperable para agricultores e gandeiros. E vostede tamén pode beneficiarse.
Incluirá xornadas con temas de máxima actualidade e destacados relatores, demostracións de novidades ou presentacións en primicia, ademais dos seus recoñecidos concursos: os Morfolóxicos de Gando Frisón, o GandAgro Innova e o de Máquinas Destacadas.